XUVENTUDE

Nenos e adolescentes poden aprender a utilizar internet de forma segura nunha singular embarcación

07/05/2009 O parque da Alameda acolleu a presentación do espazo escénico Brúxula e a inauguración deste proxecto. O seu obxectivo é que nos nenos e adolescentes de Galicia coñezan os riscos de internet, como actuar ante eles e como utilizar internet dunha forma segura.

O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, acompañou ao presidente da Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías de Información e Comunicación (AGESTIC), José María López Bourjo, na presentación deste proxecto. Posteriormente, inauguraron e visitaron o espazo escénico Brúxula, que permanecerá na Alameda compostelá.

O proxecto está dirixido especialmente a menores de 8 a 12 años, se ben tamén poden participar os seus familiares e educadores. É gratuíto e aberto previa inscrición.

Nun espazo escénico que recolle información sobre os riscos no uso de internet, a súa prevención e actuación ante os mesmos, os participantes realizan unha visita guiada por un itinerario predefinido como un xogo de rol ameno e divertido, no que teñen un papel activo e participativo. Este espazo representa unha embarcación, unha nave con diversos compartimentos.

Este proxecto enmárcase dentro dos "Programas de difusión sobre utilización segura de Internet, con actuacións de demostración para a infancia e a adolescencia", do Plan Avanza do Ministerio de Industria Turismo e Comercio.

Compartir: