TURISMO

Santiago será protagonista do programa brasileiro "Vai pra onde?"

06/05/2009 A Santiago de Compostela Film Commission (SCFC), servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como plató de rodaxe, está colaborando con Vai pra onde?, un programa de viaxes de referencia na televisión brasileira, para a rodaxe dun capítulo dedicado a Santiago de Compostela. O programa estreouse no ano 2007 e, dado a súa boa recepción por parte da audiencia do Brasil, está xa na súa terceira tempada. O programa gravarase na cidade entre o 21 e o 23 de maio.

O presentador de Vai pra onde? é o actor e xornalista Bruno De Luca, que comezou a súa carreia aos dez anos coa grabación da telenovela Fera Ferida e que ten traballado dende entón en diferentes telenovelas, programas de espectáculos, obras de teatro e películas. O programa xira en torno ao presentador, que vai cunha mochila e unha cámara, decubrindo os mellores recursos que cada destino pode ofrecer.

O programa ten 22 minutos de duración e está destinado a persoas ás que lles gusta viaxar, buscando pistas e pequenos detalles dos lugares que visitan. A canle que emite o programa é Multishow, pertence á plataforma Globosat. Cada capítulo emítese seis veces á semana en todo Brasil.

Vai pra onde? gravará catro destinos en España. A cada un deles dedicará un capítulo específico. Ademáis de Santiago de Compostela, tamén estarán en Madrid, Barcelona e Salamanca. A elección de Santiago é unha mostra do atractivo que ten Santiago en Brasil. De feito, Santiago foi recoñecida pola revista Brasil Travel News como o mellor destino turístico internacional do ano 2007. No ano 2008 fixeron o Camiño de Santiago 1.365 persoas do Brasil.

Compartir: