ALCALDÍA

Constituída a Comisión de Comunicación do Grupo de Cidades Patrimonio

29/04/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu en Raxoi a constitución da Comisión Informativa de Comunicación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Nesa xuntanza participaron os responsables de comunicación das trece cidades do Grupo.

Nesta sesión tratáronse diversas cuestións relacionadas co funcionamento comunicativo do Grupo de Cidades Patrimonio. Así, falouse da páxina web ou de plans de comunicación e publicidade, entre outros asuntos.

Santiago integra o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade xunto con Avila, Cuenca, Ibiza, San Cristóbal de La Laguna, Córdoba, Tarragona, Toledo, Mérida, Salamanca, Alcalá de Henares, Cáceres e Segovia.

Compartir: