PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO

Xornada técnica para presentar o Proxecto Equal Compostela

19/10/2005 Coincidindo co inicio da fase de execución do Proxecto Equal, e coa finalidade de dalo a coñecer aos axentes políticos, económicos, sociais e medios de comunicación, desenvolverase unha Xornada técnica de presentación do Proxecto Equal Compostela Social no Auditorio de Galicia o xoves 20 de outubro.

Ás xornadas "A incorporación sociolaboral polo emprendemento" asistirán os alcaldes dos concellos da comarca, responsábeis das concellarías vinculadas coa promoción económica e o benestar, representantes das entidades sindicais, de asociacións empresariais e do tecido empresarial, ONGs relacionadas coa incorporación sociolaboral, AA.VV., persoal técnico dos concellos e entidades (técnicos e técnicas locais para a promoción do emprego, traballadoras e traballadores sociais, especialistas en igualdade, orientación laboral, educadores e educadoras, persoal de gabinetes de comunicación…), directores de escolas obradoiro, casas de oficio e obradoiros de emprego.

Dar a coñecer o alcance e relevancia do proxecto Europeo Compostela Social na comarca de Santiago é o obxectivo prioritario desta xornada, ao tempo que se informará das metas, actuacións e metodoloxía que se levarán a termo dentro das liñas de intervención do Proxecto Compostela social.

Así mesmo, trátase de reflexionar sobre a situación actual en materia de emprego na comarca e especialmente na dificultade de incorporación dos colectivos en risco de exclusión sociolaboral. Por último, preténdese implicar aos axentes locais da Comarca na xeración de emprego.

Programa da xornada (Sala Mozart do Auditorio de Galicia)

10,30-11,00. Recepción de participantes e entrega de documentación
11,30-12,00. Acto inaugural
Xosé Manuel Iglesias Iglesias,
Concelleiro de Promoción económica e Emprego do Concello de Santiago de Compostela.
Juan José Barrera Cerezal
Director General de Economia Social Traballo Autónomo e Fondo Social Europeo.
Ricardo Varela Sánchez ,
Conselleiro de Traballo. Xunta de Galicia
Xosé Antonio Sanchez Bugallo,
Alcalde de Santiago de Compostela

12,30-13,00. Presentación do Proxecto Equal Compostela Social
Responsables da Área de Promoción Económica e técnicos do Grupo Intermunicipal.

13,00-13,50. Panel de expertos: "O poder multiplicador dos emprendedores"
Don Victor Ferreira Montero. Emprendedor. Xerente de Litonor
Don , Juan Ares Fernández, Secretario do IDEGA
Don Javier López Martinez, Director de Investimentos de Unirisco Galicia.

Compartir: