ALCALDÍA

O alcalde reúnese cos veciños para explicarlles os proxectos de reurbanización do ensanche incluídos no FIL

18/04/2009 O luns, 20 de abril, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá ás 20:30 horas un encontro no Colexio de Avogados con veciños para explicarlles de forma directa os proxectos incluídos no Fondo Estatal de Inversión Local, aprobado polo Goberno central, que afectarán ao Ensanche.

En concreto, o rexedor trasladará aos veciños a información sobre o desenvolvemento das obras de reurbanización das rúas Pérez Constanti, Laverde Ruíz, Santiago de Guayaquil, Neira de Mosquera, Curros Enríquez e Gómez Ulla.

Trátase dunha reunión aberta a todos os veciños que queiran coñecer os proxectos e os datos destas actuacións, que se financiará con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local.

Compartir: