EDUCACIÓN

As agrupacións da Escola Municipal de Música ofrecen un concerto en Lugo

17/04/2009 Do 17 ao 19 de abril, as agrupacións da Escola Municipal de Música de Santiago realizan unhas xornadas de convivencia co obxectivo de promover a práctica musical en grupo e perfeccionar os seus coñecementos. Os conxuntos, coro e orquestra da Escola realizarán diversas actividades, que se pecharán cun concerto final aberto ao público lugués o domingo 19.

As xornadas teñen lugar no albergue do Complexo Residencial "LUG" (rúa Pintor Corredoira, 4). Alí as agrupacións da Escola practicarán a música en grupo de forma diferente e lúdica. Realizarán diversos ensaios e clases maxistrais, e unha visita arqueolóxica a Lugo, ademais doutras actividades de convivencia.

A estancia de profesores alumnos da Escola Municipal de Música en Lugo pecharase o domingo 19 de abril, ás 18:00 horas, cun concerto da orquestra e da banda no salón de actos do albergue. Esta actuación é libre e de balde para todos aqueles que se queiran achegar a escoitar aos músicos da escola compostelá.

Compartir: