UMAD

A UMAD recibe aos socios do Proxecto Europeo Grundvig, reunidos en Santiago do 19 ao 21 de abril

17/04/2009 Do 19 ao 21 de abril, Santiago acolle a reunión dos socios do Proxecto Europeo Grundvig "Mírate: os/as pais/nais ante situacións que xeran violencia". O obxectivo principal deste proxecto é educar os pais na área da prevención da violencia.

A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, recibirá os socios italianos deste Proxecto, pertencentes á Sociedade Cooperativa Social "Spazio Giovani", que visitarán tamén as instalacións da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). A reunión servira para afondar nos obxectivos do programa e coñecer algúns das iniciativas que a UMAD e a Concellería de Benestar Social veñen desenvolvendo con menores no ámbito da prevención.

Spazio Giovani e unha institución que organiza actividades partindo das necesidades das distintas comunidades que o solicitan. As características comúns da poboación que atenden e de pequenas cidades dos suburbios de Bergamo, con concentración de poboación de risco e de exclusión social e/ou familias con baixos ingresos(a cotío tamén inmigrantes) concentradas en áreas específicas, e demais poboación adulta con poucas oportunidades, xeran un risco extra de exclusión que, de non intervir, ten reflexo na vida escolar dos nenos/as.

O programa Grundvig ten como obxectivo enriquecer as experiencias dos socios e dos usuarios no marco dos temas relacionados coa violencia nas relacións entre pais e fillos. Pretende influír no nivel de coñecemento e concienciación tanto de traballadores como de usuarios, e crear a oportunidade de compartir os problemas e experiencias no marco do proxecto. Igualmente, quere favorecer o uso e participación no diálogo intercultural cun catálogo de boas prácticas.

Compartir: