ALCALDÍA

O alcalde recibiu á nova directiva da Asociación do Traxe Galego

15/04/2009 A nova xunta directiva da Asociación do Traxe Galego acudiu á Casa do Concello para departir co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e co concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro.

A nova presidenta, Rita María Miramontes, antes secretaria -a quinta muller que preside a asociación-, estivo acompañada pola vicepresidenta, Pilar Astray; o secretario, Xosé Luis Rodríguez; o tesoureiro, Eloy Fariña; e algúns dos vogais.

Compartir: