ALCALDÍA

Os composteláns poden deixar os seus desexos sobre a Unión Europea nunha caixa multimedia

07/04/2009 Con motivo das Eleccións Europeas do 7 de xuño, o Parlamento Europeo situou no parque da Alameda unha caixa multimedia (Box Vox). Alí permanecerá ata o 13 de abril.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director da Oficina do Parlamento Europeo en España, Ignacio Samper, inauguraron esta singular caixa multimedia. Nela, os composteláns poderán deixar gravada unha mensaxe de vídeo coas súas preocupacións, expectativas e desexos sobre a Unión Europa. Tamén o alcalde deixou a súa gravación.

Santiago únese así á lista de cidades dos 27 países da Unión Europea onde se están instalando estas caixas multimedia. Tanto no exterior da caixa como en dúas pantallas adicionais situadas ao aire libre, emitiranse diversos videoclips coas declaracións dos cidadáns.

Compartir: