DEPORTES

A Fundación Compostela Deporte e Begano renovan o seu acordo de apoio ao deporte de base

03/04/2009 O presidente de Begano, Federico Amor Sanjurjo, recibirá con motivo da celebración do 50 aniversario da firma concesionaria de Coca Cola, ao presidente da Fundación Compostela Deporte e alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, o luns 6 de abril, na súa sede na avenida Alfonso Molina s/n, na Coruña, ás 12:30 horas. O acto tamén contará coa presenza do vicepresidente da Fundación e Concelleiro de Deportes de Santiago, Andrés Fariña.

Aproveitando esta visita, a Fundación Compostela Deporte e Begano –membro de Excelencia da entidade santiaguesa– renovarán o convenio de colaboración que vincula a ambas entidades dende 2005, ano de creación da Fundación. Begano reforza así o seu apoio ao deporte base de Santiago e a súa área de influencia. Ademais, cómpre destacar que a empresa concesionaria de Coca Cola colabora tamén con outras iniciativas compostelás dende os anos sesenta. Un exemplo: Compostela 2000 Cidade Europea da Cultura.

Compartir: