CIDADE

Hugo Chávez visita o Concello de Santiago

17/10/2005 A través dunha "Carta de Intencións" o concello de Santiago comprométese a buscar un espazo na cidade para levantar un monumento ao Libertador Simón Bolívar.

O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, visitou o domingo 16 de outubro a Casa do Concello, onde foi recibido polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo. Chávez asinou no Libro de Ouro da Cidade.

Por outra banda, a través dunha Carta de Intención, o concello de Santiago comprometeuse a outorgar un espazo idóneo para consolidar as relacións entre o concello e a República Bolivariana de Venezuela, onde se realizará un monumento ao Libertador Simón Bolívar.

A Carta de Intención está baseada nos principios de solidariedade, complementariedade, reciprocidade e sustentabilidade.

Compartir: