ALCALDÍA

O alcalde valora a historia e o futuro de FINSA como referencias para a cidade

27/03/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e outros membros da Corporación realizaron unha visita ás instalacións da empresa FINSA en Formarís. Guiáronos nesta visita varios directivos desta firma madeireira.

Antes de visitar os distintos espazos da factoría madeireira, Sánchez Bugallo agradeceu "a oportunidade de compartir o traballo desta empresa, da que nos sentimos orgullosos". O alcalde falou do lugar importante que FINSA ocupa na historia de Santiago e expresou en que "siga sendo referente para a cidade".

Comentou tamén o alcalde as posibilidades de expansión que o contorno lle ofrecen á empresa cara o futuro e expresou a súa confianza en FINSA e no seu equipo para afrontar a complexa escena económica da actualidade.

Por parte de FINSA, interveu o seu director xeral, José Carballo, quen agradeceu as palabras de Sánchez Bugallo. Por parte da firma tamén participaron no percorrido polas instalacións, Domingo E. Aller Rodríguez, Sara García Valiño, Santiago García Valiño, Ángel Lugilde González, Luis Castro Vesada e Fernando Segade Castro.

FINSA
FINSA é o máis antigo fabricante de taboleiros de aglomerado e MDF na Península Ibérica. A empresa foi fundada en 1931 coma un serradoiro en Portanxil (Ames) e é en 1937 cando Manuel García Cambón dá forma empresarial ao proxecto que en 1946 pasa a denominarse Financiera Maderera S.A. Dende 1969, a empresa ten a súa sede social en Santiago de Compostela, onde ten tamén unha das súas máis importantes fábricas. Actualmente FINSA engloba 22 factorías, nas que se fabrica unha ampla variedade de produtos derivados da madeira. Hoxe FINSA é un referente mundial no sector da madeira.

Compartir: