ALCALDÍA

O alcalde reúnese co presidente da delegación compostelá do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

26/03/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse no Pazo de Raxoi co novo presidente da delegación de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, o primeiro encontro desde que este último tomara posesión do seu cargo o pasado mes de febreiro.

Na visita, que se encadra no marco das boas relacións institucionais entre ambas entidades, fíxose un repaso dos principais proxectos e actuacións da cidade; así mesmo, o presidente da delegación santiaguesa do COAG manifestou a intención de colaborar estreitamente co Concello nalgunas delas, mediante a achega de propostas. Sería o caso dunha das actuacións máis importantes previstas na capital de Galicia: a chegada do AVE. Tanto o COAG coma o Concello vén neste obra unha oportunidade para realizar a mellor transformación posible do ámbito no que se vai ubicar; neste contexo, Jorge Duarte presentoulle ao alcalde a proposta dos arquitectos composteláns para acadala: a realización dun concurso de ideas para mellorar a cidade de Compostela coa chegada do AVE.

O alcalde compostelán valorou moi positivamente esta iniciativa, xa que se trata de crear un foro no que se acheguen novas ideas para un proxecto de vital importancia en Santiago.

No encontro tamén se abordaron outros asuntos de interese para ambas institucións como a construción; neste senso, ambos madatarios salientaron os datos positivos que en construción de vivenda protexida se dan Santiago, constituíndo unha excepxión notable no seu entorno.

Compartir: