ALCALDÍA

Quintana amosa o seu apoio para que o Estatuto recoñeza a Santiago como "capital de Galicia"

17/10/2005 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse na mañá do luns 17 co vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, con quen conversou arredor dos próximos proxectos de futuro da cidade.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, acordou co alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, que o concello poñerá á disposición da Xunta terreos para a construcción de residencias da terceira idade, que ve "necesarias", así como a necesidade de centros de día. Ademais, Quintana propuxo tamén a construcción dun centro xuvenil en Santiago, o que Bugallo prometeu estudar.

Por outra banda, ante a inminente reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia, Quintana amosou o seu apoio a Santiago como capital galega e para que teña o mesmo estatus que as capitais de provincia.

Compartir: