RELACIÓNS VECIÑAIS

A nova Casa das Asociacións acolleu o seu primeiro Consello de Relacións Veciñais

24/03/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Relacións Veciñais. A reunión celebrouse por primeira vez na recentemente estreada Casa das Asociacións Veciñais, aínda non inaugurada, e onde terá a súa sede a Concellería de Relacións Veciñais e todo o movemento asociativo da cidade.

Sánchez Bugallo explicoulles aos representantes dos veciños o estado actual do Plan Urbana Santiago Norte. Esta iniciativa suporá unha transformación integral dos barrios máis antigos e tradicionais da zona Norte: Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espirito Santo, Estila, Almáciga, San Pedro, Concheiros e Belvís e Quiroga Palacios.

Compartir: