ALCALDÍA

Sánchez Bugallo explicoulle aos veciños o proxecto de reurbanización das rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire

25/03/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo con veciños para explicarlles de forma directa o proxecto dos traballos do Fondo Estatal de Inversión Local, aprobado polo Goberno central, que afectarán a esta zona de Compostela.

En concreto, o rexedor trasladou aos veciños a información sobre o desenvolvemento das obras de reurbanización dun tramo da avenida de Villagarcía-García Prieto-Sánchez Freire, en concreto a área comprendida entre Romero Donallo e a rotonda de Conxo.

Tratábase dunha reunión aberta a todos os veciños que quixeran coñecer o proxecto e os datos desta actuación, que se financiará con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local.

Compartir: