URBANISMO

A execución orzamentaria de EMUVISSA achegouse ao 106% en 2008, superando os 32 millóns de euros

23/03/2009 O Consello de Administración de EMUVISSA, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acordou formular as súas contas anuais do exercicio de 2008, aprobar o informe de xestión e formular unha proposta de aplicación do resultado. Este último preséntase cun beneficio despois de impostos de 1.500 euros.

Este resultado positivo ten relación, en canto aos ingresos de explotación, con:

• A facturación ao Concello como prestación de servizos en relación aos polígonos que se están a xestionar conxuntamente, mediante encomenda directa, polo sistema de cooperación (basicamente, na actualidade, o Polígono SUP-6 de Santa Marta e o Polígono 1 do SUP-2 de Cornes). O seu importe é de 787.393 euros. Doutra banda, a facturación a "Estudio 5 de Gestión y Proyectos" como prestación de servizos de traballos de dirección de obra de coordinación de parcelas no Polígono 1 do SUP-2 de Cornes. O seu importe é de 12.906 euros.

• A facturación a Santiago Sur e Castro de Abaixo Soc. Coop. Galega de Vivendas de gastos vinculados coa urbanización do Polígono SUNP-22 de Castro de Abaixo (94,16% da totalidade de gastos). O seu importe é de 417.996 euros.

• O importe da subvención recibida do IGVS e xustificada, en relación á obra executada, con respecto a urbanización do Polígono SUNP-22 de Castro de Abaixo. O seu importe é de 177.272 euros.

En relación aos gastos de explotación, a súa base a constitúe:

• O importe das adquisición de parcelas, polo sistema de expropiación, nos ámbitos dos polígonos SUNP-11 Castiñeiriño (4.625.180 euros), SUNP-14 Tras Paxonal (9.504.024 euros), SUNP-12 de Lamas de Abade (8.143.283 euros) e SUNP-5 de A Muíña (5.517.336 euros).

• O importe da obra executada e certificada no exercicio (basicamente obras dos polígonos 1 do SUP-2 de Cornes, do SUNP-22 de Castro de Abaixo , do SUP-6 de Santa Marta, do SUNP-11 do Castiñeiriño, do SUNP-14 de Tras Paxonal, do Polígono SUP-7 de Pontepedriña II, e o inicio da Rehabilitación do inmoble da Rúa do Medio 65 no marco do Programa de Edificios Tutelados). O seu importe é de 3.845.749 euros.

• O importe da prestación de servizos realizados por empresas contratadas por EMUVISSA (redacción de proxectos técnicos e de planeamento, levantamentos topográficos, etc.). Neste caso o seu importe é de 140.378 euros e a súa incidencia e case sobre a totalidade das actuacións en fase xa de obra da sociedade, salvo os proxectos vinculados ao polígono SUD-4 de A Pulleira que aínda está en fase de planeamento.

• Gastos de persoal. O seu importe é de 424.835 euros (incremento do 4,45 % sobre o exercicio anterior).

• Outros gastos xerais ou de explotación. O seu importe é de 124.198 euros (incremento do 22,43% sobre o exercicio anterior – nótase o gasto vinculado ao mantemento da nova sede da sociedade).

No relativo á situación de balance da sociedade, en termos globais as cifras de total activo e pasivo aumentan de 27.739.895 euros a 58.021.169 euros (un 109%). Este aumento ten a súa base principal no incremento de existencias de promocións en curso, que proveñen dos novos solos que están a desenvolver para vivenda protexida no Concello (o SUNP-11 de Castiñeiriño, o SUNP-12 de Lamas de Abade, o SUNP-14 de Tras Paxonal e o SUNP-5 de A Muíña).

No relativo á execución de orzamento do ano 2008 ou PAIF 2008 o resultado é de, tanto a nivel de ingreso como de gasto, dun nivel de execución de aproximadamente o 106%.

Documentos relacionados



Compartir: