ALCALDÍA

Axentes da comunidade mineira internacional debaterán en Santiago sobre sostibilidade nas actividades extractivas

23/03/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a membros da Cámara Oficial Mineira de Galicia, encabezados polo seu presidente, Francisco Aréchaga. Este explicoulle todos os detalles da Conferencia Internacional de Minería Sostible, que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións do 15 ao 17 de abril.

Esta Conferencia Internacional de Minería Sostible reunirá aos diferentes axentes da comunidade mineira internacional para abrir un foro de diálogo, debate e intercambio de experiencias en materia de desenvolvemento sostible aplicado ás actividades extractivas. Expertos de países como Canadá, Brasil, Gran Bretaña, Estados Unidos ou Bolivia, entre outros, teñen confirmado a súa presenza.

Empresarios, enxeñeiros, xestores, grupos de investigación, educadores ambientais ou representantes da Administración mineira estarán neste encontro. No mesmo falarase sobre os modelos de xestión mineira sostible máis avanzados. Neste sentido, un dos obxectivos é a creación dunha Rede Internacional de Minería Sostible.

Compartir: