ALCALDÍA

O Concello colabora con 3.000 euros ao importante labor asistencial da Asociación de Viúvas "Rosalía de Castro"

18/03/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo entrega á Asociación de Viúvas Rosalía de Castro do cheque por valor de 3.000 euros correspondente ao premio de investigación Xohana Torres 2008. No acto tamén participou a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín.

Este premio foi declarado deserto. Por este motivo, o 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller, o xurado fixo pública a súa decisión de doar a contía do galardón á Asociación de Viúvas Rosalía de Castro.

En palabras do alcalde, esta doazón vén dalgún xeito a reparar a imposibilidade de rubricar neste exercicio o convenio que, periodicamente, permitía ao Concello achegar unha cantidade a esta entidade. Sánchez Bugallo agradeceu o importante traballo que esta asociación realiza no ámbito da autoaxuda e da asistencia.

Compartir: