ALCALDÍA

Fixado o 30 de abril como data tope para a ocupación dos terreos do Aeroclub

16/03/2009 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, mantivo dúas xuntanzas en Madrid para desbloquear a ocupación dos terreos do Aeroclub para a construción da nova terminal de Lavacolla.

En primeiro lugar, Sánchez Bugallo reuniuse coa presidenta de AENA, Encarnación Vivancos e, posteriormente co secretario de Estado do Ministerio de Defensa, Constantino Méndez, e co director de Patrimonio do mesmo Ministerio, Jaime Denís Zambrana. No decurso das xuntanzas chegouse ao acordo de fixar o día 30 de abril como data tope para a ocupación dos terreos do Aeroclub, sen prexuízo de que se podan lograr acordos con esta entidade en datas anteriores.

Ademais, acordouse asinar un convenio entre o Ministerio de Defensa e o Concello de Santiago de Compostela, do que o Ministerio xa entregou un borrador para o seu estudio, polo que o Concello, a través de EMUVISSA, faise cargo do desenvolvemento urbanístico de Bando.

Compartir: