ALCALDÍA

Os empresarios do Tambre doan 8.000 euros ao Cottolengo e á Cociña Económica

13/03/2009 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou ao presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, na visita ao Cottolengo e á Cociña Económica de Santiago para facer entrega de 4.000 euros a cada entidade por parte da asociación empresarial que preside.

Os 8.000 euros que doaron os empresarios do Tambre a estas dúas entidades benéficas foron recadados entre todas as empresas asociadas. O presidente da Asociación, Jesús Chenel, explicou que os últimos meses foron difíciles para as empresas por mor da crise económica, pero agarda que para o ano que vén a doazón poida ser máis cuantiosa.

Nas visitas estiveron tamén José Alborés, Jesús Ferradáns e Juan Salle, vicepresidente, vogal e administrador da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, respectivamente.

Compartir: