TRANSPORTES

O aparcadoiro municipal de Cornes continuará aberto ao público a partir do 15 de outubro

11/10/2005 A tarifa seguirá sendo de 0,60 euros pola entrada.

Aínda que recentemente a Sociedade Municipal TUSSA anunciou o peche de aparcadoiro municipal de Cornes o 15 de outubro polo previsíbel inicio das obras nos terreos no que se ubica, o retraso do inicio das mesmas permite que o aparcadoiro continúe prestando servizo ao público no seu no horario habitual e cos servizos de vixilancia e aseos cos que conta.

TUSSA pón a disposición dos condutores na zona Norte da cidade o aparcamento de Salgueiriños, coa posibilidade de estacionar gratuitamente durante todo o día e cunha parada de transporte urbano moi próxima, o que fai del un estacionamento periférico e complementario de Cornes, ainda que sen vixilancia.

Compartir: