TRANSPORTES

TUSSA pechou o 2008 cun balance de 115.000 pasaxeiros máis que en 2007

09/03/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA). Na reunión presentouse o balance de 2008, ano que se pechou con 115.445 usuarios do transporte urbano máis que en 2007, o que supón un incremento do 1,49%.

Ademais dos datos de viaxeiros do transporte urbano, tamén se presentaron as cifras dos aparcadoiros xestionados por TUSSA. Neste caso o incremento respecto de 2007 foi de 4.200 vehículos máis.

O Consello de Administración aprobou tamén a posta en marcha da licitación dos pregos de seguridade e limpeza para a estación de autobuses, e a contratación de dous novos axentes de aparcadoiro e dunha praza de inspector de transporte urbano por promoción interna. Finalmente, aprobouse a actualización do canon de estación de autobuses das empresas Aucasa e Arriva Noroeste.

Compartir: