ALCALDÍA

Compostela e Uruguai seguen estreitando lazos

05/03/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao ministro de Economía e Finanzas de Uruguai, Álvaro García Rodríguez, e ao embaixador deste país en España, Ricardo González.

Neste encontro, falaron da colaboración entre Santiago e Uruguai en diversos ámbitos en relación cos residentes ausentes composteláns. O Concello ten asinado convenios con algunhas das institucións dese país americano que dan cabida a veciños composteláns, co obxecto de mellorar a calidade de vida destes. Estas institucións uruguaias son sempre unha parada na visita anual que o alcalde realiza aos residentes ausentes que viven en América.

Compartir: