ALCALDÍA

O alcalde ofrece "colaboración e lealdade institucional" ao novo Goberno da Xunta

03/03/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, analizou en rolda de prensa o resultado das eleccións autonómicas do 1 de marzo e amosou o seu respecto á decisión adoptada polos cidadáns, ademais de felicitar a Alberto Núñez Feijóo. Ademais, ofreceu ao novo Goberno e ao seu presidente "colaboración e lealdade institucional".

Sánchez Bugallo recordou outras lexislaturas nas que coincidiron gobernos municipais e autonómicos de distinto signo político, e expresou a súa confianza en que esa mesma lealdade e colaboración será ofrecida polo novo Goberno, "porque iso beneficiará aos intereses dos composteláns e dos galegos". Puxo como exemplo o próximo Xacobeo, respecto do que se amosou "disposto a traballar coa Xunta para que todo saia ben".

Compartir: