ALCALDÍA

"Desde Galicia para el mundo" dedicará o seu programa 647 a Santiago

11/10/2005 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, responderon ás preguntas da presentadora de "Desde Galicia para el mundo", Paola Rodríguez, que emitirá o vindeiro 29 de outubro un programa dedicado a Santiago de Compostela.

O equipo de entrevistas de "Desde Galicia para el mundo", que se emite os sábados ás 21.30 horas por "La 2" en desconexión para Galicia, desprazouse ata Raxoi para entrevistar ao alcalde compostelán e á concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico.

Sánchez Bugallo mantivo unha charla cordial coa presentadora do programa, Paola Rodríguez, arredor da xestión municipal, o casco histórico, a universalidade e a modernidade da cidade, os novos espazos e os retos pendientes da cidade.

Compartir: