FESTAS

Vinte e catro comparsas e dez carrozas pasearán pola cidade na tarde do martes de Antroido

23/02/2009 O día grande do Antroido xa está aquí. O martes 24 celebrarse o tradicional desfile de Martes de Antroido, coa saída ás rúas das multitudinarias comparsas, das espectaculares carrozas e dos disfraces máis orixinais e elaborados.

Un total de 24 comparsas, 10 carrozas e 28 disfraces de grupo, parella e individuais) percorrerán a cidade coas súas músicas e coreografías durante toda a. Ademais de divertir ao público cos seus desfiles, os participantes obtan a unha serie de premios en metálico que decidirá un xurado situado nos balcóns do Hotel Hesperia Compostela (Praza de Galicia).

O xurado estará composto polo concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, en función de presidente; como vogais: a presidenta da Asociación de veciños "A Xunlla de Laraño" (en representación da Federación do Rural de Santiago), Mª Carmen Pérez; en representación do Partido Popular, o concelleiro municipal Albino Vázquez; como representante municipal do BNG, a tenente alcalde Socorro García; en representación da Asociación de Prensa, Luis Menéndez; o director do espazo de Danza Universitaria da USC, Juan Carlos Zahera; como representante do Museo do Pobo Galego, Clodio González; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Rita Mª Miramontes; como representante da Escola de Artes Mestre Mateo, Santiago Riande; e a presidenta da Asociación xuvenil "Bola de Cristal", Alba Mariño; e finalmente como secretaria a funcionaria municipal Montserrat Cillero. Unha vez que deliberen (segundo o deseño e creatividade das carrozas, disfraces e a caracterización dos seus membros) comunicarán a súa decisión no Paseo Central da Alameda ás 21:00 horas.

O itinerario do desfile será o seguinte: a concentración das carrozas realizarase na estación de tren ás 16:30 horas e de aí, con todo xa preparado, desfilarán por diferentes rúas do Ensanche: Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra para rematar na Avenida de Xoán Carlos I. Para amenizar a espera da decisión do xurado, os participantes e o resto da xente poderán gozar coa actuación da orquestra-atracción Suavecito.

A noite das máscaras
Despois do éxito de participación do festival infantil de disfraces (83 nenos en categoría individual, 17 en parella e 10 en grupo), a cita do luns 23) volvía á Sala Capitol cun espectacular baile de máscaras para o que era imprescindible ir disfrazados. O ritmo corría da man da orquestra Aché. O baile de máscaras estaba previsto para as 23:00 horas.

Documentos relacionados



Compartir: