ALCALDÍA

A patinaxe segue dando éxitos ao deporte compostelán

20/02/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ás integrantes e directiva do Club de Patinaxe Fontiñas. As patinadoras veñen de facerse co título no Campionato Galego de Grupos Show na modalidade de grandes, e coa quinta praza no de pequenos.

No campionato celebrado en Cangas, o Club Fontiñas repetiu título grazas á súa coreografía La esencia final na modalidade de grupos grandes, no que participan como mínimo 16 patinadores. Agora, competirán no Campionato Nacional, que se celebrará no mes de marzo en Lleida.

Compartir: