ALCALDÍA

Sánchez Bugallo reuniuse nova directiva da Asociación de Veciños de Viso

17/02/2009 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á nova directiva da Asociación Cultural Recreativa e Veciñal de Viso, saída da asemblea celebrada o pasado 2 de outubro. A nova presidenta, Consuelo Alende García, no puido asistir á xuntanza por un problema familiar e foi escusada polo veterano membro do asociacionismo veciñal, José López, na actualidade vogal da actual xunta directiva.

Estiveron presentes na conversa co alcalde Puri Porto Álvarez, vicepresidenta; Eva Rodríguez Veiga, secretaria; Marta Mourullo Vidal, tesoureira; e os vogais Silvia González Alén, Xosé Neira e o devandito José López.

No decurso da xuntanza, a nova directiva manifestoulle ao alcalde a súa visión dos problemas máis importantes do barrio do Viso, as necesidades do mesmo e as posible solucións. Centrouse a conversa en cuestións como o asfaltado dalgunhas pistas, o ancheamento de estradas, a reivindicación da chegada do bus e a necesidade de contar con contedores para a reciclaxe do vidro.

Sánchez Bugallo, ademais de tomar nota dos desexos da asociación, falou das actuacións que están levando a cabo as distintas concellarías en relación con Viso, os proxectos en marcha para un futuro inmediato e amosou a súa permanente disposición ao diálogo cos veciños.

Compartir: