CULTURA

Ballet estudio presenta "O que viven as rosas"

11/10/2005 A compañía de danza contemporánea Ballet Studio presenta no Teatro Principal "O que viven as rosas", unha proposta baseada na curta duración da beleza a través da ollada dunha escultora.

O xoves 13 de outubro, no Teatro Principal, a compañía de danza contemporánea Ballet Studio poñerá en escea "O que viven as rosas". A obra inspírase na vida e obra de Camille Claudel, escultora que escapaba do academicismo para liberar as figuras e dotalas de movemento e emoción, transformando poses clásicas en novas formas, de poderosa vitalidade.

Non captura o movemento, execútao. Dótao de espazos, ábrelle dimensións. A obra estrutúrase en tres partes: O despertar de las formas, Estudando modelos, Completamente sola e Extremo abandono. Reflíctese o efémero da beleza, que dura tan pouco coma as rosas.

A obra foi preestreada na Feira de Teatro de Galicia 2005 , xa que foi convidada a representar ás compañías de danza galegas. Participou no programa Danza na Rede, que promove o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (Igaem), para a difusión de danza contemporánea .

Compartir: