ALCALDÍA

O alcalde recibiu ao ministro de Educación de Namibia

17/02/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao ministro de Educación de Namibia, Nangolo Mbumba, de visita en Galicia.

O dirixente namibio explicoulle a Sánchez Bugallo algúns detalles do seu país e, en particular, o motivo da súa presenza en Galicia. Así, a súa pretensión e chegar a acordos coa Universidade de Santiago para facilitar a presenza de estudantes universitarios do seu país na institución académica. Con este fin mantivera previamente un encontro co reitor da USC, Senén Barro.

Compartir: