EDUCACIÓN

Os alumnos de secundaria repasan a historia do século XX a través do rock

18/02/2009 Continúa no Teatro Principal o ciclo de nove concertos que, ata o xoves 19 de febreiro, achega aos alumnos de secundaria á historia a través da música rock. Da man da Concellería de Educación e da Obra Social Ibercaja, uns 2.300 rapaces poderán gozar destes concertos, que corren a cargo do grupo Los Misterios e dunha narradora.

"A historia do século XX contada a través do rock" chama a atención sobre o relevante papel que xogou a música como reflexo de moitos dos cambios sociais e culturais do pasado século. A historia máis recente faise accesible aos escolares da man do rock e da narración dunha actriz que, a modo de narradora, explica como se relacionaba cada xénero musical con momento histórico que se vivía. E todo dun modo interactivo, xa que os alumnos poderán preguntar e mesmo cantar.

As actuacións rematan o xoves 19, con sesións ás 10:00 e ás 12:00 horas. Ademais, haberá unha sesión ás 19:00 horas aberta ao público en xeral.

Os asistentes poderán gozar da interpretación de coñecidos temas de artistas como Elvis Presley, The Beatles, The Beach Bois, Bob Dylan, The Rolling Stones, Credence Clearwater Revival, Deep Purple, Sex Pistols, Ramones, Gloria Gaynor, Soft Cell, Bon Jovi, Nirvana, Oasis ou Blur.

Compartir: