CEMITERIOS

Novas tarifas dos servizos do tanatorio municipal

10/10/2005 A Xunta de Goberno Local do luns 10 de outubro aprobou as novas tarifas por utilización dos servizos do tanatorio para o ano 2005.

A empresa concesionaria da explotación do tanatorio municipal, Trapsa, solicitou a actualización das tarifas para o 2005, e tras a conformidade co informado pola Intervención Municipal, a Xunta de Goberno aprobou as novas tarifas por servizos do tanatorio.

O tanatorio municipal de Boisaca (Rúa das Mulas s/n, tfno. 661 579 273), inaugurado o pasado 14 de setembro, conta con sete túmulos funerarios, forno crematorio, unha sala para autopsias e outras dúas para tanatoestética e tanatoplastia, capela, cafetería e floristería, entre outras dependencias.

Compartir: