MERCADOS

Mercagalicia obtivo uns beneficios de 89.000 euros en 2008

13/02/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidou esta mañá o Consello de Administración de Mercagalicia no que se aprobou o informe de xestión do exercicio de 2008.

Os ingresos globais obtidos no exercicio de 2008 ascederon a 631.686,93 euros mentres que os gastos foron de 448.014,55 euros. A sociedade obtivo uns beneficios de 88.935,61 euros; así mesmo, xerouse un Cash Flow de 183.672,41 euros.

A cifra total de froitas, hortalizas e patacas comercializadas durante todo o ano pasado alcanzou as 18.235 toneladas fronte ás 14.617 comercializadas en 2007, o que supón en termos relativos un incremento do 24,75%.

Compartir: