ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recibiu ao alcalde de Zitácuaro (México)

13/02/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao alcalde de Zitácuaro, municipio do Estado de Michoacán (México), Juan Antonio Ixtláhuac Orihuela. O rexedor mexicano está en xira de traballo por España.

No encontro, no que tamén participou a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, os dous rexedores intercambiaron impresións sobre diversas cuestións de actualidade e sobre a relación de Santiago con México, en particular grazas ao irmandamento con Santiago de Querétaro.

Como curiosidade apuntada por Juan Antonio Ixtláhuac, mentres o conxunto histórico de Santiago é Patrimonio da Humanidade, Zitácuaro está nunha das principais áreas da reserva da biosfera da Mariposa Monarca, que ten tamén esa cualificación por parte da UNESCO.

Compartir: