SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello concede ao PP un prazo de dous días para legalizar os carteis da precampaña

03/02/2009 O venres 30 de xaneiro, a policía municipal identificou a un empregado de SPI Rótulos e Servizos que se atopaba colocando carteis preelectorais do Partido Popular na Avenida de Lugo sen autorización. Os axentes indicáronlle que debía retiralos e posteriormente comprobouse a súa retirada.

O martes 2 de febreiro, apareceron de novo os mesmos carteis nas rúas Montero Ríos, deNde Rapa da folla ata a Praza de Galicia; toda a rúa Doutor Teixeiro; República do Salvador entre as rúas do Hórreo e Xeneral Pardiñas; República Arxentina deNde Romero Donallo ata Alfredo Brañas; San Pedro de Mezonzo deNde a rúa da Rosa ata República Arxentina; e un panel de grandes dimensións nunha obra en construción no vieiro de Antón Fraguas.

A concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá, encargada das competencias da ocupación da vía pública e dos seus elementos, resolveu darlle ao Partido Popular un prazo de dous días para levar a cabo as actuacións pertinentes para a legalización da colocación de bandeirolas publicitarias en farolas de diversas rúas da cidade. De non realizar esta solicitude, deberá, no mesmo prazo, proceder a retirada das mesmas. O Concello fará a retirada de forma subsidiaria en caso de non facelo o Partido Popular.

Compartir: