CULTURA

Inaugúrase a mostra fotográfica "Retratos de auga", de Fuco Reyes

03/02/2009 O Museo do Pobo Galego acolle unha mostra fotográfica de Fuco Reyes baixo o título Retratos de auga. A exposición, organizada pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, abrirase o mércores 4 de febreiro ás 20:00 horas.

O protagonista desta mostra, Fuco Reyes, naceu en Santiago en 1965 e comezou a realizar fotografías aos doce anos cunha Werlisa Cor. Estudou en Estados Unidos e licenciouse en Psicoloxía no ano 1990. Mais tarde estudou Ciencias da Información e fotografía.

No ano 2006 empeza a traballar de fotógrafo. Realizou exposicións individuais na Fundación Araguaney, no Hotel Balneario Compostela, na Galería Sargadelos e no Casino de Santiago. Tamén ten participado en varias exposicións colectivas. No mes de abril vai expoñer na Galería Sargadelos de Madrid, así coma un traballo conxunto co escultor Ramón Conde.

O acto de inauguración da exposición contará ca presenza da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; do presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Isaac Díaz Pardo; e do propio Fuco Reyes.

A mostra permanecerá aberta dende o 4 de febreiro ao 8 de marzo de 2009 e poderá visitarse no seguinte horario: todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas; domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. Luns pechado.

Direccións relacionadas



Compartir: