ALCALDÍA

O Concello reparte o calendario de 2009 nos fogares composteláns

16/01/2009 O calendario de mesa de 2009 do Concello xa está sendo repartido nos fogares composteláns. Nesta ocasión, as fotografías son da Compostela contemporánea e son "unha homenaxe a algúns dos arquitectos que teñen realizado obras en Santiago nos últimos anos", en palabras do propio alcalde.

As obras reflectidas neste calendario de mesa son o edificio da SGAE, de Antonio García Abril (xaneiro); a Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Andrés Perea (febreiro); a Escola de Altos Estudos Musicais, de Antonio García Abril (marzo); a Facultade de Ciencias da Comunicación, de Álvaro Siza Vieira (abril); o grupo de vivendas en Belvís, de César Portela (maio); a Concellería de Benestar Social e Muller, de Alfredo Varela Nogueira (xuño); os edificios da avenida do Mestre Mateo, de César Coll (xullo); o Centro Sociocultural de Santa Cristina de Fecha, de Pedro del Llano (agosto); a Vaquería de Carme de Abaixo, de Víctor López Cotelo (setembro); o Conservatorio Profesional de música, de Franco Taboada Asociados (outubro); os Centros de Investigación do Campus Sur, de Manuel Gallego Jorreto (novembro); e o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, de Francisco Mangado Veloqui (decembro).

O calendario, segundo recordou Sánchez Bugallo, contén un erro, xa que o Centro Sociocultural de Santa Cristina de Fecha é do arquitecto Pedro del Llano e non de Teresa Banet, como se indica. O almanaque péchase cun recordatorio dos premios e recoñecementos da cidade e do Camiño de Santiago.

Compartir: