CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Trisca expón unha mostra sobre grafittis

06/10/2005 A partir do venres, 7 de outubro, a ata o próximo día 20 do mesmo mes o centro sociocultural da Trisca acolle a mostra GRF.DIG. Graffiti na era dixital, realizada por The Chemical Orange, que exhibe 32 fotografías de graffitis realizadas nas rúas de Santiago de Compostela, A Coruña, Barcelona e Varsovia e amosa o proceso de creación deste tipo específico de graffitis.

Realizada por The Chemical Orange (pseudónimo de Luis González) a exposición está formada por unha instalación mural de 32 fotografías de graffitis realizadas -sempre co uso de plantillas- nas rúas de Santiago de Compostela, A Coruña, Barcelona e Varsovia e unha instalación audiovisual que recrea idilicamente o proceso mecánico-fabril desta técnica de graffiti.

Segundo expón o autor da mostra os graffitis da era dixital preséntanse nas nosas rúas semellantes a logotipos, slogans, posters e anuncios. Na súa imaxinería engadiron tópicos da publicidade, da televisión e dos videoxogos. Mesmo a técnica de producción é dixital de xeito que a partir dun orixinal poden realizarse múltiples copias. É a técnica do "copia e pega", tan habitual no ordenador, levada á rúa.

Os graffitis dixitais empregan plantillas deseñadas —de seguro cun ordenador— e elaboradas nunha plancha metálica, proceso previo a súa instalación nas rúas. Isto marca distancias co graffiti máis tradicional, feito a man alzada e que soe ocupar unha superficie nas paredes moito máis ampla e require de moito máis tempo de execución.

Pero o novo moitas veces bebe do vello. As vellas técnicas de impresión que naceron coa prensa e desenvolvéronse na Revolución Industrial, aportan ás novas tendencias de graffiti urbano o afan de realizar e difundir múltiples copias a partir dun único orixinal.

A exposición incorpora tamén os posters publicitarios feitos para difundir a exposición, que foron realizados con plantilla e spray, co cal se intenta mostrar as posibilidades da técnica asociada a unha esencia artesanal do deseño gráfico-publicitario máis aló do ordenador e da impresora.

Segundo o seu autor a exposición tenta ir máis aló do graffiti como arte urbano asociado ó conflictivo, e mostralo como unha forma de expresión artística ou mesmo como unha técnica de creación gráfica. O graffiti. Aínda que nas rúas os grafittis poden xerar controversias, no contexto desta exposición ofreceselle ó espectador un acercamento a un estilo de arte urbano coa fin de que el mesmo faga a súa valoración crítica respecto ó potencial expresivo que reside no arte urbano

A exposición permanecerá ata o 20 de outubro no centro sociocultural da Trisca (rúa Corredoira das Fraguas,92).

Compartir: