EDUCACIÓN, DEPORTES E FESTAS

Nadalxogo continúa en 2009 con máis animación e actividades

30/12/2008 Tras un paréntese o 31 de decembro, Nadalxogo reanuda as súas actividades o xoves 1 de xaneiro. Para esta xornada e para o 2 de xaneiro está previsto un completo programa de actividades extraordinarias que inclúe contacontos e moita animación. Nadalxogo estará aberto ata o 4 de xaneiro, de 17:00 a 21:00 horas, no Multiusos Fontes do Sar.

O xoves 1 de xaneiro, no espazo do Salón do Libro, actuarán Bicis pola Paz con Anxo Moure, que introducirán aos máis pequenos na súa Cociña dos contos solidarios. Será ás 18:00 e ás 19:30 horas. Repetirán actuación ao día seguinte no mesmo horario.

Tamén o 1 de xaneiro, Rivel Animación desenvolve o seu espectáculo A caixiña de zapatos a partir das 18:30 horas. Os animadores desta compañía estarán en Sar tamén o 2 de xaneiro, desta volta con Circus Rivel.

Ademais, seguen en Sar as distintas actividades diarias, como as do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, onde existe un recuncho da lectura ou a exposición dos finalistas do Concurso de Carteis de Nadal. Para os máis pequenos hai un parque infantil de tráfico e obradoiros, entre outras actividades, e para os máis deportistas, tenis de mesa, esgrima, bádminton ou deporte na Wii. Non faltan tampouco os obradoiros de cestería, encadernación, plástica, abelorios e gomaespuma.

Compartir: