BENESTAR SOCIAL

Colectivos e asociacións participan nunha xornada arredor da imaxe corporativa e a comunicación nas organizacións sociais

19/10/2005 Baixo o título Imaxe e comunicación nas organizacións sociais a concellaría de Benestar Social organizou unha xornada arredor de como actividade das entidades e organizacións sociais baseadas en valores deben ser resultado e ir en consonancia cunha identidade definida.

O obradoiro pretende introducir aos participantes nunha dinámica de comportamento fronte a responsabilidades de comunicación. A xornada desenvolveuse no Convento de San Francisco durante a mañá e a tarde do mércores 19 de outubro e constou de varias sesións arredor da imaxe corporativa e a comunicación nas organizacións sociais.

Ás 10.30 da mañá comezou a xornada cunha sesión sobre os "tópicos e prexuizos" que existen arredor da comunicación, que continuou cun coloquio centrado nas relacións externas. Tras unha pequena pausa, falouse da identidade e da imaxe corporativa, eixo central do curso, rematando coa análise e a avaliación das necesidades dunha organización social.

Pola tarde falouse sobre financiamento e xestión, espúxose o Programa Europeo Xuventude Practicum e houbo un coloquio sobre o primeiro paso para a creación de redes que dan a coñecer a unha organización. Arredor de corenta persoas participaron da xornada, a maioría delas representantes de asociacións e colectivos composteláns.

Compartir: