ALCALDÍA

O alcalde agradece o esforzo dos traballadores municipais para facer de Compostela unha cidade modélica

19/12/2008 Os traballadores do Concello foron recibidos no Salón Nobre de Raxoi polo alcalde e polo resto da Corporación. Neste tradicional cita de Nadal, Sánchez Bugallo desexoulles a todos un bo Nadal e un venturoso 2009.

Na súa intervención, o alcalde referiuse a Santiago como "unha cidade pequena na que se obran milagres e cunha influencia superior á poboación que ten, e isto debémosllo ademais de ao Apóstolo ao esforzo de moitas persoas e, en particular dos traballadores deste Concello". A estes agradeceulles a súa "amizade, colaboración e crítica".

Compartir: