ALCALDÍA

Sánchez Bugallo expresa os mellores desexos para os composteláns en 2009

18/12/2008 Como cada ano por estas datas, a Casa do Concello acolleu a tradicional recepción cidadá do Nadal. Á cita acudiron, ademais da Corporación, persoas dos distintos sectores da sociedade compostelá.

Foi momento para facer repaso de 2008 pero, sobre todo para marcar os novos retos de 2009, un ano que se presenta como complicado no económico. Non obstante, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou o seu convencemento de que Santiago de Compostela está preparada para afrontar esta conxuntura. Para rematar, todos brindaron por un bo Nadal.

Compartir: