ALCALDÍA

Un novo Nobel no Libro de Honra do Concello

15/12/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a Gerardus 't Hooft, premio Nobel de Física en 1999. O científico está en Santiago para participar no programa ConCiencia, organizado polo Consorcio e a USC. Durante a visita, asinou no Libro de Honra da Cidade.

O investigador expresou a súa satisfacción por estar en Santiago e por participar no programa ConCiencia. Así, despois de ser recibido en Raxoi, Gerardus 't Hooft deu unha rolda de prensa no Colexio de Fonseca para explicar os detalles da súa visita. Logo trasladouse ao Centro de Estudos Avanzados para manter unha reunión con investigadores universitarios. O martes 16 impartirá unha conferencia aberta ao público en xeral baixo o título "O futuro da ciencia".

Gerardus 't Hooft, considerado un dos físicos teóricos más brillantes das últimas décadas, recibiu o Nobel por esclarecer a estrutura cuántica das interaccións electrodébiles en física, unha das catro interaccións fundamentais da natureza, responsable de gran cantidade de procesos radiactivos que, por exemplo, manteñen en funcionamento os ciclos do Sol.

Compartir: