MERCADOS

Santiago preside a xuntanza anual da Asociación Española de Mercados de Gando

12/12/2008 Carlos Nieves, concelleiro de Mercados, presidiu a xuntanza anual da Asociación Española de Mercados de Gando, ASEMGA, que se está a celebrar na localidade asturiana de Pola de Siero.

O concelleiro valorou o encontro moi positivamente para Santiago, porque ofrece a posibilidade de intercambiar experiencias cos mercados do resto de España. En concreto ASEMGA ten previsto colaborar con outras entidades e organismos para impartir en 2009 cursos de formación nos mercados.

Na orde do día foron tratados tamén temas de actualidade como a lingua azul. Do debate organizado en torno á influencia desta enfermidade nos mercados españois e europeos despréndese que a repercusión está diminuíndo progresivamente e neste momento xa non representa unha ameaza. No plano económico os gandeiros contaron coas axudas enviadas por Europa para compensar os danos.

Tamén se apuntou o feito de que o marco normativo actualmente en vigor sitúa aos mercados de gando españois entre os primeiros de Europa. Nieves anunciou que en Santiago están pendentes de execución varios investimentos que dotarán ao mercado de Amio de nova maquinaria de tratamento de gando.

Compartir: