ALCALDÍA

O alcalde reúnese con representantes veciñais para informalos sobre a entrada en vigor do PXOM

11/12/2008 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro coa Asociación de Veciños do Rural que preside José María Juncal, para informalos da situación na que quedan os núcleos rurais de Santiago tras a aprobación definitiva do PXOM.

O alcalde lembroulles o seu compromiso, no suposto de que se produza unha modificación da lexislación urbanística autonómica que resulte máis favorable que a actual ao recoñecemento e crecemento dos núcleos rurais, de levar ao pleno unha modificación do PXOM para adaptalo ao novo marco legal.

No caso de non producirse esta modificación realizaríase, nun prazo de catro anos dende a entrada en vigor da revisión do PXOM, unha avaliación do resultado das súas determinacións no ámbito do rural. Incluirá un balance sobre a execución das súas previsións e unha análise de necesidades para producir as modificacións derivadas das conclusións.

Compartir: