CULTURA

O Auditorio acolle o V Curso de Formación da Banda Municipal de Música

10/12/2008 O Auditorio de Galicia está a acoller, dende o 9 de decembro, o V Curso de Formación da Banda Municipal de Música, impartido polo mestre Andrés Valero-Castells.

O curso, que ten lugar en horario de 9:30 a 14:00 horas, estenderase ata o venres día 12. O domingo 14, os músicos poderán poñer en práctica os coñecemento adquiridos no concerto que terá lugar ás 12.00 no Teatro Principal. O programa contará con obras de Häendel, Bach, Beethoven, Ramos Villanueva, Valero-Castells, e van Delft.

Documentos relacionados



Compartir: