CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os prazos de inscrición para estes talleres xa están abertos, polo que calquera cidadán que queira participar nalgún curso ou obradoiro dos ofertados poden anotarse no centro sociocultural onde se imparta a actividade.
O martes 4 de outubro a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, presentará o novo programa de actividades trimestrais polo miúdo, así como a nova páxina web da Rede de Centros Socioculturais.
A Rede de Centros Socioculturais inicia o seu programa de actividades trimestrais
30/09/2005 Os prazos de inscrición para estes talleres xa están abertos, polo que calquera cidadán que queira participar nalgún curso ou obradoiro dos ofertados poden anotarse no centro sociocultural onde se imparta a actividade.
Desde o sábado 1 de outubro os centros cabeceira da Rede de Centros Socioculturais de Santiago, é dicir, os centros de A Trisca, Conxo, As Fontiñas, A Rocha, Villestro, Vidán, Castiñeiriño e Vite, inician o seu programa de actividades. Durante este curso, o programa é do máis variado: talleres de cociña, pintura, manualidades, música, teatro ou bailes de salón, entre outros, así como actividades deportivas e musicais, conferencias, coloquios, exposicións, etcétera.Os prazos de inscrición para estes talleres xa están abertos, polo que calquera cidadán que queira participar nalgún curso ou obradoiro dos ofertados poden anotarse no centro sociocultural onde se imparta a actividade.
O martes 4 de outubro a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, presentará o novo programa de actividades trimestrais polo miúdo, así como a nova páxina web da Rede de Centros Socioculturais.