CONSORCIO

O Consorcio presenta o proxecto de reforma do antigo Banco de España

09/12/2008 O edificio baixo a dirección do arquitecto Manuel Gallego Jorreto converterase no futuro Museo das Peregrinacións e de Santiago.

O proxecto de intervención no antigo Banco de España para
adecualo a nova función de Museo das Peregrinacións e de
Santiago parte da profunda relación do edificio co conxunto
monumental no que se inserta. Esto quere decir, en opinión do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, que o novo Museo non se pode concebir ao marxe da súa ubicación ao pé da Catedral nin do seu emplazamento na emblemática praza de Praterías.

Polo que respecta ao interior do edificio, as modificacións que se levarán a cabo afectan fundamentalmente á case única utilización do seu interior como espazo expositivo en detrimento doutros usos. A escasa altura da primeira e segunda planta motivou a creación dun espazo integrador e de relación que permita unha fácil orientación ao visitante. Deste xeito consíguese un espazo xeneroso en altura que permita a relación visual desde diferentes prantas; espazo que se incorpora ao antigo edificio como de nova creación.

Partindo da aceptación do edificio como parte consolidada
dun conxunto rematado, a ampliación do Museo realizarase
incorporando un elemento complementario de nova arquitectura que se aproxima á antiga, respectando o edificio existente. A actuación intégrase sen variar a altura e conservado cornisas como referencias importantes. Esta construcción lixeira prantéxase con vidrio, material perfectamente compatible coa pedra. Unha construcción adosada ao edificio antigo como unha gran galería chea de vibracións e transparencias que recollan o movimento da xente e a vida do Museo que se realiza á luz do día.

O obxectivo do proxecto é que o espazo do Museo permita o
funcionamento diverso e complexo como centro de exposicións. A espectacular presenza da Catedral, e sobre todo, da torre da Berenguela, farase presente a través dun gran lucernario, unha vez que os visitantes cheguen á primeira pranta, transformando de maneira espectacular o recorrido do Museo a medida que van ascendendo. Os
usuarios da cafetería do Museo tamén poderán dispoñer dunha visión da Catedral e dos edificios colindantes, o
que engadirá outro atractivo a este lugar. Un lugar pensado para que a colección permanente do Museo poida continuar no seu recorrido a itinerancia do Camiño de Santiago para concluir asomándose á cuberta co fin de contemplar a Catedral e a cidade.

O futuro Museo, que conta cunha superficie construída de
3.466 metros cadrados, non se concibe como única sede, xa que se complementará co actual edificio do Museo das Peregrinacións, actualmente ubicado na Casa Gótica, cunha superficie útil de 1.284 m2, e coa Casa do Cabido, que acaba de ser adquirida polo Consorcio con esta finalidade e que dispón de 236 m2.

Datos históricos
O edificio do antigo Banco de España é do arquitecto Romualdo de Madariaga. En 1936 o Concello concede autorización das casas situadas na Praza das Praterías para a súa compra, procedéndose á súa demolición. Parece ser que durante a República xa se iniciaran as xestións para a súa adquisición. Entre as casas estaba a Casa Espinosa de Domingo de Andrade.

Tras un largo proceso, cheo de tensións e polémica, con
informes que foron modificando o proxecto, termina inaugurándose en 1949. A polémica sobre o proxecto e o edificio centrouse fundamentalmente no seu acceso en chaflán que rompía a configuración da praza, conseguíndose a súa modificación que se realiza xa iniciada a construcción, cousa que se pode apreciar no soto e na cimentación. A altura do edificio consigue rebaixarse dos seus prantexamentos iniciais. Así o edificio destaca pola robustez
do seu material de construcción, sin que na composición das súas fachadas se aprecien referencias aos estilos arquitectónicos de Compostela.

Así, desenvólvese dentro do carácter dun Banco de España
da época, donde as apariencias pretenden representar algo máis que o seu contido real: unha sucursal bancaria na pranta baixa e unhas vivendas na primeira e segunda pranta.
A Praza Esta praza inscríbese dentro do tipo de prazas que son o resultado dunha operación de demolición efectuada na trama preexistente e que motiva a supresión dunha mazá ou un conxunto delas coa finalidade de valorar arquitectónicamente un edificio importante.

A partir de 1506 reorganízase o entorno da catedral, comprándose as propiedades adosadas a ela para o seu posterior derribo, remodelándose todo o sector. O Plan inicial de reorganización é de Juan de Nava ainda que con posterioridade realízanse múltiples e desiguais intervencións. Coa construcción do claustro da Catedral defínese xa o fronte da Praza das Praterías (1720).

O Cabido encarga a escaleira da praza en 1567. A Casa do
Cabido do arquitecto Sarela é de 1734; a fonte dos cabalos é de 1759, sendo os seus autores Juan Ramos e Gregorio Fernández.

En 1825 altérase substancialmente. Cando o Cabido decide organizar o espazo público da praza que era da súa propiedade, o Plan afectou tanto ó acceso á Catedral como á fonte que existía e da que se surtían de auga os veciños.
Non falta quen atribuie o proxecto a Domingo de Andrade.
As obras inícianse dirixidas por Simón Rodríguez ainda que
inmediatamente incorpórase Domingo de Andrade. O novo acceso catedralicio supuxo unha total transformación do espazo xa que se crea unha gran plataforma pétrea que supón a súa división espacial así como o seu enlace coa Quintana de Mortos.

Compartir: