XUNTA DE GOBERNO

Cen novas papeleiras para Fontiñas

03/10/2005 A Xunta de Goberno Local celebrada o luns 3 de outubro aprobou o subministro de papeleiras para o barrio das Fontiñas, que custarán uns 18.980 euros.

A proposta da concelleira de Limpeza, Marta Álvarez, para substituir as perto de cen vellas papeleiras de Fontiñas por outras novas, de acero inoxidable foi aprobada na Xunta de Goberno do luns 3 de outubro. Así, acordouse iniciar o expediente para a contratación dunha nova nueva remesa de papeleras, establecéndose un tipo de licitación por importe de 18.980 euros.

Así mesmo, aprobouse o prego e inicio do expediente de contratación das obras de reforma e ampliación de alumeado público nas Cancelas, cun tipo de licitación de 93.171,18 euros.

Compartir: